spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Fases PDF Imprimir E-Mail

  


As fases da Auditoría Enerxética son 7, aínda que poden ser agrupadas nas 4 que detaiamos a continuación: 

Image

 Etapa 01: Visita Inicial Para o correcto desenvolvemento deste proxecto e a obtención dos mellores resultados, é imprescindible a implicación por parte da Dirección ou Xerencia para que o persoal cualificado da empresa colabore co equipo auditor na obtención dos seguintes datos:

  • a) Facturación dun período anual, de consumo Eléctrico e Combustibles (gas natural, gasóleo, fuel-óleo, etc.)
  • b) Esquema de todas as instalacións: Calor, Fría, Electricidade ou outras obxecto do estudo
  • c) Datos de instalacións/maquinaria: Características técnicas, Horas e horario de traballo, Potencia nominal e/ou carga de funcionamento

_________________________________________________

 Etapa 02: Visitas de Detalle Unha vez obtida e analizada a información do punto anterior, realizaranse entre tres e cinco Visitas de Detalle, segundo sexa necesario en función do tamaño e sector de cada unha das empresas participantes. Nestas visitas tratarase de detectar os puntos deficientes nas instalacións da empresa dende o punto de vista da eficiencia enerxética.

_________________________________________________

 Etapa 03: Traballo de Gabinete e Elaboración de Informe Unha vez recollidos os datos necesarios nas visitas de detalle procédese a realizar un estudo sobre os puntos defectuosos que se detectaron durante as visitas de detalle e que se intentarán solucionar mediante propostas de mellora, así como da súa viabilidade, investimento necesario e retorno da devandita inversión. A realización do Informe deberá incluír en todo caso a información comentada ao inicio deste epígrafe.

_________________________________________________

 Etapa 04: Presentación de Informe A Presentación do Informe realízase persoalmente a cada empresa auditada, comentando as medidas propostas e contrastando co cliente a súa viabilidade e rendibilidade..

_________________________________________________

   

             

   

Coñecer casos de éxito
Máis información sen compromiso en

            
 
spacer.png, 0 kB